InfoBedingungenDatenschutzKontakt
 
Wird aktualisiert
Vinte de Foliada

Vinte de Foliada

Veröffentlicht: 2025-11-19
© 2025 Praza.gal
Vinte de Foliada - QR Code
3 Folgen
Audio
Anhören auf Apple Podcasts
3 Folgen
Audio
Anhören auf Apple Podcasts
Veröffentlicht: 2025-11-19
© 2025 Praza.gal
Aktuelle Folge
Vinte de Foliada en Vigo

Vinte de Foliada en Vigo

O terceiro Vinte de Foliada lévanos a Vigo. Comezamos paseando polo parque Castrelos para atoparnos alí coas xentes diversas que cada dous xoves se xuntan para tocar e bailar. Demóstranos que a tradición é agora e o mesmo fai Artur Puga, bailarín,
Länge: 25:21
O terceiro Vinte de Foliada lévanos a Vigo. Comezamos paseando polo parque Castrelos para atoparnos alí coas xentes diversas que cada dous xoves se xuntan para tocar e bailar. Demóstranos que a tradición é agora e o mesmo fai Artur Puga, bailarín, bailador e percusionista que nos explica como a música tradicional non só está viva, senón que gaña espazos na cidade. Pasamos, asemade, pola escola de danza Inés Núñez e sentamos a conversar de vagar con Luís Prego; músico, bailador, investigador, fundador do grupo O Fiadeiro e un dos responsables de que o tradi teña un presente tan vizoso.
Na redacción, produción, realización e locución deste episodio estiveron Vanesa Vázquez e David Lombao.
Vinte de Foliada é unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
Folgen-ID: 1000737386569
GUID: https://www.ivoox.com/162940741
Erscheinungs­datum: 19.11.2025, 10:27:33

Beschreibung

Vinte de Foliada é un proxecto documental co que nos achegamos á tradición máis actual. As pandeiretas, gaitas, bailes e cantos resoan con forza en escolas, asociacións, parques ou mesmo pubs, onde se xunta persoas de todas as idades para gozar e participar da música tradicional. O ‘tradi’ vive un momento doce e ocupa espacios alén da contornas rurais. Nesta produción de VINTE conversamos con alumnas, mestras, investigadoras ou artistas na súas aulas e nas propias foliadas polas cidades galegas e coñecemos as súas historias de amor pola música, o baile ou os instrumentos tradicionais que tamén ecoan –e moito- nas cidades galegas.
Unha produción da Fundación Praza Pública para VINTE coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia

Apple Podcasts: Kundenrezensionen

Kein Eintrag